martes, 30 de junio de 2020

Pausa!

Despois destes meses un pouco estraños, diferentes, e de moito traballo para todos, toca facer un pequeno descanso ata o curso que ben... Agardo que nos vexamos pronto e que podamos empezar máis ou menos ben o próximos curso!

Moita saúde para todos, vémonos!!!

Unha aperta,

Mónica.




Bo día!

Aquí tedes os deberes para facer durante todo o verán... 😉




lunes, 29 de junio de 2020

Reflexionando...

Para non esquecer NUNCA, teñámolo en conta!




Bo día!

Hoxe quero compartir con vós estos vídeos taaaaan bonitos... Moitas grazas por participar e noraboa polo traballo, quedaron xenial!!! Que ganas de volver a estar no cole todos xuntos! 💗










viernes, 26 de junio de 2020

Venres!

Que teñades un bonito fin de semana!!!



Carlos Ruiz Zafón!

Oh! Lembrades o libro que acabades de ler en Lingua Castelá? O que vos gustou tanto? Pois lamentablemente o seu autor faleceu fai uns días a causa dunha enfermidade... Paréceme moi interesante recomendarvos máis libros da súa autoría, así que déixovos o seguinte enlace... Que mellor plan para esta verán que adicarlle tempo á lectura??? 😊


Atención!

Rapaces, non esquezades botarlle un ollo á plataforma de lectura que vos comentei, está moi ben e ten á vosa disposición moitos libros e actividades, para vós e para facer con outr@s alumn@s... Lembro que tedes toda a información no voso correo... Probádea!!!


Chegamos!!!

Agora sí que sí...



Este fin de curso foi algo atípico, diferente, estraño, en moitas ocasións mesmo poderíamos dicir que angustioso, preocupante... Pero o máis importante de todo, ou iso agardo, e que nos ensinou a valorar esas pequenas cousas que temos no noso día a día e que moitas veces non valoramos... Tamén nos ensinou a coñecernos mellor, a nós mesmos e ás nosas familias, a ver que nós tamén somos unha familia e que nos preocupamos uns por outros a pesar da distancia que nos separou todo este tempo... Sorte que tivemos de poder compartir momentos de xeito virtual, vernos as caras, saudarnos e preguntarnos como ían as cousas...
Noraboa a todos por estar ahí, dun xeito ou outro, e polo voso traballo...
Agardo que sigamos sendo responsables e que nos coidemos moito, por nós, polos que nos rodean e polo mundo... Isto é unha tarefa da que todos temos que formar parte... Soamente XUNTOS faremos que as cousas cambien...

Todos os meus bos desexos para que teñades un feliz verán e sobre todo moitísima saúde.

Vémonos de novo en setembro!!!

Mónica.






jueves, 18 de junio de 2020

Sorpresa!

Rapaces, hoxe quero compartir con vós unha sorpresa que temos preparada desde a biblio para o próximo curso! A moitos de vós gústavos, seino! 😛 Esta é unha, pero temos máis! 😙




Bo día!

Penúltimo día de curso!

#querápidopasaotempo

#noraboapoloesforzo

#ánimoparasetembro

#tipodes